NO A's profileNO A LA AMPLIACION DE LA...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    April 29

    VERDEGAIA

    Verdegaia fixo entrega por escrito na Dirección Xeral de Recursos Mariños das razóns polas que se opón a este proxecto, dentro do prazo de alegacións ao Proxecto Sectorial. A razón fundamental son as afeccións que suporía ao LIC Carnota-Monte Pindo, incluído na rede Natura 2000 e declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais polo decreto 72/2.004, onde existen hábitats naturais prioritarios, vulnerando así o establecido na Directiva 92/43/CEE e no Real Decreto 1997/1995, de 7 de Decembro de Conservaición dos espazos  naturais e da flora e fauna silvestres.

    Entre estes hábitats prioritarios afectados figuran dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (“dunas grises”), dunas fixas descalcificadas atlánticas (Calluno-Ulicetea), matorrais arborescentes de Laurus nobilis, zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea, e xa na zona húmida perto da praia de Quilmas, vexetación anual con Salicornia e outras especies de zonas húmidas e areosas.

    Verdegaia tamén considera improcedente iniciar a tramitación deste proxecto á marxe do Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria, actualmente en proceso de revisión, pois será este o que determine finalmente a idoneidade do emprazamento para cada un dos parques e instalacións acuícolas incluídos no mesmo, despois dun estudo exhaustivo da costa galega. Segundo o apartado 2 do artigo 9 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, “os proxectos sectoriais deberanse axustar ás determinacións do correspondente plan sectorial”. E aínda que tamén di que “... en ausencia de plan sectorial tamén poderán aprobarse proxectos sectoriais para unha determinada infraestrutura, dotación ou instalación”, o certo é que xa existe un plan sectorial, neste caso o dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, que nestes intres está en revisión polas numerosas eivas detectadas.

    Así mesmo, Verdegaia considera totalmente irregular a cualificación de Proxecto de Incidencia Supramunicipal posto que non cumpre ningún dos supostos previstos no artigo 4 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo que regula esta figura, xa que non produce efectos positivos para o ambiente, a paisaxe rural ou para o patrimonio cultural, senón todo o contrario; non contribúe, de xeito significativo, ao desenvolvemento sostíbel social e económico de Galicia; entre outras razóns, pola escasa creación de postos de traballo debido á automatización deste tipo de instalacións, e tampouco cumpriría unha función vertebradora ou estruturante do territorio.

    Por estas razóns, Verdegaia esixe á Dirección Xeral de Recursos Mariños a anulación do proxecto.

    Comments

    Please wait...
    Sorry, the comment you entered is too long. Please shorten it.
    You didn't enter anything. Please try again.
    Sorry, we can't add your comment right now. Please try again later.
    To add a comment, you need permission from your parent. Ask for permission
    Your parent has turned off comments.
    Sorry, we can't delete your comment right now. Please try again later.
    You've exceeded the maximum number of comments that can be left in one day. Please try again in 24 hours.
    Your account has had the ability to leave comments disabled because our systems indicate that you may be spamming other users. If you believe that your account has been disabled in error please contact Windows Live support.
    Complete the security check below to finish leaving your comment.
    The characters you type in the security check must match the characters in the picture or audio.

    To add a comment, sign in with your Windows Live ID (if you use Hotmail, Messenger, or Xbox LIVE, you have a Windows Live ID). Sign in


    Don't have a Windows Live ID? Sign up

    Trackbacks

    The trackback URL for this entry is:
    http://no-ampliacion.spaces.live.com/blog/cns!62E7DD42B7D4DE37!188.trak
    Weblogs that reference this entry
    • None