NO A 的个人资料NO A LA AMPLIACION DE LA...照片日志列表更多 ![]() | 帮助 |
|
|
5月17日 PISCIFACTORIASSon malas? Son boas?, non son capaz de pechar unha resposta que non me saia galega fetén: depende.
Andaba eu polo instituto cando chegou a primeira piscifactoría de Rodaballo para Lira, o recibimento non puido ser mellor, por fin chegaba unha empresa que revolucionaba o triste e miserento mercado laboral, unha empresa onde se tiña un mes de vacacións, onde había pagas extras, pago de horas extraordinarias, dous días de descanso á semana, convenio colectivo propio... en fin... unha utopía no noso concello. Dende aquela ata hoxe, a planta medrou ata convertirse na central da empresa para o sul de Europa, é así mesmo a central de loxística das outras piscifactorías desa casa espalladas polo país. Nela traballa xente do lugar, xente da bisbarra e outra moita (os técnicos) que tivo que vir de fora e asentarse alí a vivir. Na actualidade deben andar polo medio cento entre uns e outros.
Ata aqui unha historia feliz...
Esa mesma compañía, mercoulle a unha española (Martesanal) a outra piscifactoría que hai no noso Concello, en Quilmas. Era unha pranta con engorde e desove (hachery), polo tanto cuns proceso máis complexos, recordo que ó pouco de mercala morreron varias toneladas de peixe, reestructurarona toda. Os tanques de desove requiren condicións de asepsia total posto que nun tanque de sete ou dez metros de diametro podes ter medio millón de larvas a tentando de chegar a alevíns, con que soio metas un dedo nesa auga matas a varios milleiros de futuros peixes. Polo tanto a asepsia soio se acada con moito clorito, clorito que despois de limpar no desaparece por arte de maxia, senon que se verque ó mar. Unha consecuencia disto é que hoxe, cando os mariñeiros de Quilmas ou do Pindo pretenden pescar centolos ó espello (arte de pesca que consiste en ollar os fondos mariños a través dunha caixa de madeira oca pola base e a tapa) ven que os fondos rochosos dese anaco de costa estan brancos como se foran fregados con Ariel, cunha ausencia total de vida neles.
Ata aqui unha historia menos feliz...
Agora, esa mesma compañía pretende ampliar a piscifactoría de Quilmas, e sin que haxa ningún movemento ecoloxista organizado detrás, nin político, nin outros intereses... os veciños da aldea opóñense, a asociación de veciños do lugar non quere saber nada desa ampliación que suporía crear unha barreira infranqueable entre o lugar e o mar. Nin ofrecendo postos de traballo acadan calmar os ánimos e a indignación da xente. (Por certo, esa piscifactoría atopase toda ela dentro dun LIC, dentro da Rede Natura).
Esa compañía é verdade que trouxo traballo e benestar de forma directa e indirecta á nosa bisbarra, pero fica claro que si queren seguir tendo o respeto da xente humilde e traballadora teñen que ir pensando en outras formas de explotación do seu negocio. Formas que non impliquen encher de formigón, tanques, tuberías, bombas e antibioticos as zonas máis virxes do noso país. Porque para estragar a terra e o mar que herdamos dos nosos vellos non fai falla que nos veñan a axudar de fora, xa sempre fomos expertos (puríns, lumes, pesca intensiva).
P.D.: se cadra, probar outras alternativas na producción, menos agresivas sería o axeitado. Ainda que recoñezo que non son un entendido en bioloxía mariña e igual falo de máis.
http://cabaseira.blogspot.com/2006/09/piscifactoras.html 评论 (1)
引用通告此日志的引用通告 URL 是: http://no-ampliacion.spaces.live.com/blog/cns!62E7DD42B7D4DE37!199.trak 引用此项的网络日志
|
|
|